Metagénesix

-
GALEGO | ESPAÑOL 

Metagénesix= Metagénesis + x 
Nova Arquitectura de Galicia=  Biol. f. Alteración de xeracións ou xeración alternante das especies vivas + Sociol. f. Xeración X, nacidos nos 70`s.
-

Baixo o título de Metagénesix preséntase unha mostra da Nova Arquitectura que se realiza en Galicia. Neste tempo de temores e inestabilidades, aparece unha nova xeración “alterada” e “alternante”, formada maioritariamente en Galicia, que xera un gran optimismo pola calidade e cantidade dos seus traballos.

Debido á inactividade da comunicación da arquitectura galega faise aínda máis necesario este proxecto de difusión para por en valor o traballo realizado polos novos arquitectos; Metagenesix, ten como antecedente as Olladas de Perto organizadas na ETSA da Coruña durante os últimos 5 anos, materializa a tentativa de  saír do ámbito académico e achegarse á sociedade como consumidora e usuaria de arquitectura.

No contexto actual de crise financeira e social onde se poñen en cuestión a arquitectura mediática dos últimos anos onde primaba o “espectáculo”, o “superfluo” e que provocou a ampliación da fenda existente entre arquitecto e sociedade sae a superficie outro xeito de entender e proxectar arquitectura. Unha arquitectura de proximidade que asume as limitacións propias do momento, do lugar, do encargo, as inquedanzas do promotor para transformalas en oportunidades.

A exposición recolle 20 traballos de 10 arquitecto/equipos seleccionados a partir dunha convocatoria aberta á que se presentaron máis de 200 obras. Debido a cantidade e calidade das propostas decidiuse ampliar o proxecto Metagénesix apoiándose no programa cultural da Librería Formatos, Intemción, para dar voz a outros 20 arquitectos/equipos que agrupados charlas temáticas (Oportunidades, Vivenda +, Espazo Dotacional, Re·habitación, Espazos de Atención) expuxeron as súas obras na librería durante a edición de 2011.


Enlaces: Ver proxectos en exposición