Equipo Organizador


Trespes Arquitectos
Equipo formado por Carlos Mosquera del Palacio, Alberte Pérez Rodríguez e Enrique Iglesias Lima. Entende o oficio de arquitecto de xeito tranversal, dende o estrictamente profesional até a divulgación cultural. O seu traballo foi obxecto de recoñecimento sendo finalistas nos V Premios ENOR e seleccionados nos premios ARQUIA/Próxima 2010. Coordinan dende  2008  o programa de difusión e divulgación cultural  INTEMCIOM da librería Formatos da Coruña.
------
Enlace >>  www.trespesarquitectos.com


Felipe Trillo 
Arquitecto ETSAC 2007, na especialidade de urbanismo, e cun percorrido profesional transversal, da arquitectura ó deseño pluridisciplinar. Colaborador 2007-09 do Proxecto de investigación Simula, Dep. de Urbanismo e Proxectos da ETSAC-UDC. Colaborador do Programa Cultural Intemcion e finalista nos XIV Premios COAG e nos Premios Arquitectura Plus 2011.
------
Enlace >>  www.felipetrillo.com


Ana Amado 
Arquitecta ETSAC 2004. Máster en Arte, Museología e Crítica contemporáneas pola USC. Posgrado en Ilustración creativa pola Escola Eina de Barcelona. Formación fotográfica polas Escolas IDEP e LENS (Máster). Desenrola a súa actividade profesional tanto en arquitectura como fotografía (especialmente de  arquitectura) ilustración, música e comisariado de exposicións. Finalista nos XIV Premios COAG e nos Premios Arquitectura Plus 2011.
------
Enlace >>  www.anaamado.eu